24/03/10

DISCURSO DE NETANYAHU ANTE A AIPAC


Membros da Administración Obama, Senadores, Membros do Congreso, ministro da Defensa Ehud Barak, ministro Uzi Landau , embaixador Michael Oren, Howard Kohr, Victor David, Lee Rosenberg Líderes da AIPAC, Señoras e Señores:

Cando o mundo afronta desafíos monumentais, sei que Israel e Estados Unidos van afrontalos xuntos. Estamos xuntos porque estamos guiados polos mesmos ideais e inspirados polo mesmo soño, o soño de alcanzar a seguranza, a prosperidade e a paz. Este soño parecía algo imposíbel para moitos xudeus o século pasado. Este mes, o meu pai conmemorou o seu centésimo aniversario. Cando el naceu, os zares gobernaban Rusia, o Imperio Británico abarcaba todo o mundo e os otomanos gobernaban o Oriente Medio. Durante a súa vida, todos eses imperios desmoronáronse, outros floreceron e sucumbiron, e o destino xudeu pasou da desesperación a unha nova esperanza, o renacemento do Estado xudeu. Por primeira vez en dous mil anos, o pobo xudeu soberano podía defenderse dos ataques. Antes diso, fomos sometidos á incesante barbarie: A carnificina da Idade Media, a expulsión dos xudeus da Inglaterra, España e Portugal, os masacres sanguinarios dos xudeus da Ucraína, os pogroms na Rusia, que culminaron co maior dos males, o Holocausto. A fundación de Israel non interrompeu os ataques contra os xudeus. Limitouse a dar aos xudeus o poder deles propios de defenderen contra aqueles ataques.

Os meus amigos,

Quero falarvos do día en que comprendín a profundidade desa transformación. Foi o día en que coñecín a Shlomit Vilmosh, hai máis de 40 anos atrás. Eu servín con seu fillo, Haim, na mesma unidade de elite do exército. Durante unha batalla en 1969, Haim foi morto por unha rafaga de metralladora. No seu funeral, descubrín que Haim nacera pouco despois que súa nai e o seu pai foran liberados dos campos de morte da Europa. Se Haim nacese dous anos antes aquel coraxoso mozo sería lanzado aos fornos como un millón doutros nenos xudeus. Shlomit, a nai de Haim, dixome entón que estaba angustiada, mais tamén moi orgullosa. Cando menos, dixome ela, o meu fillo caeu vestindo o uniforme dun soldado xudeu defendendo o Estado xudeu. Unha e outra vez, o exército israelí conseguiu repelir os ataques de poderosos inimigo determinados a nos destruír. Cando Exipto e Xordania recoñeceron que non poderían derrotarnos en batalla, adoptaron o camiño da paz. Aínda hai aqueles que continúan a agresión contra o Estado xudeu e abertamente piden a nosa destrución. Eles procuran alcanzar este obxectivo a través do terrorismo, dos ataques de mísiles e, máis recentemente, a través do desenvolvemento de armas atómicas. A reunión do pobo xudeu en Israel non disuadiu a eses fanáticos. Na verdade, iso só ten agudizado o seu apetito. Gobernantes do Iran din que "Israel é país dunha soa bomba". O xefe do Hezbolláh di: "Se todos os xudeus se reúnen en Israel, iso nos aforrará o traballo de perseguíos en todo o mundo".


Os meus amigos,

Estas son realidades desagradabables, mais son a realidade. A maior ameaza para calquera organismo vivo ou nación non é a de recoñecer o perigo a tempo. Setenta e cinco anos atrás, moitos líderes ao redor do mundo puxeron as súas cabezas na area. Incontábeis millóns de persoas morreron na guerra que seguiu. Finalmente, dous dos maiores líderes da historia axudaron a marea a mudar. Franklin Delano Roosevelt e Winston Churchill axudaron a salvar o mundo. Mais era tarde demais para salvar a seis millóns do meu propio pobo. O futuro do Estado xudeu nunca pode depender das boas intencións até mesmo do máis importante dos homes. Israel debe sempre reservarse o dereito de se defender. Hoxe, unha ameaza sen precedentes para a humanidade é inminente. Un réxime radical iraniano con armas nucleares podería traer un fin á era da paz nuclear que o mundo ten gozado nos últimos 65 anos. Ese réxime podería fornecer armas nucleares a terroristas e podería mesmo ser tentado a usalas. O noso mundo nunca máis sería o mesmo. A descarada carreira de Irán para desenvolver armas nucleares é, en primeiro lugar, unha ameaza para Israel, mais tamén é unha grave ameaza para a rexión e para o mundo. Israel espera que a comunidade internacional actúe rápida e decisivamente para impedir ese perigo. Mais sempre nos reservamos o dereito da autodefesa.

Temos tamén de nos defender contra mentiras e difamacións. Ao longo da historia, as calúmnias contra o pobo xudeu sempre precederon as agresións físicas contra nós e foron usadas para xustificar eses ataques. Os xudeus eran chamados de envelenadores da humanidade, fomentadores da inestabilidade e fonte de todo o mal so o sol. Infelizmente, eses ataques caluniosos contra o pobo xudeu tampouco terminaron coa creación de Israel. Por un tempo, o antisemitismo aberto foi colocado en xeque pola vergoña e o choque do Holocausto. Mais só por un tempo. Nas últimas décadas, o odio aos xudeus rexurdiu con forza crecente, mais cunha distorsións insidiosa. Non é só dirixida ao pobo xudeu, cada vez máis contra o Estado xudeu. Na súa forma máis perniciosa, alega que, se Israel non existise, moitos dos problemas do mundo acabarían.

Os meus amigos,

Será que iso significa que Israel está por enriba de calquera crítica? Claro que non. Israel, como calquera democracia, ten súas imperfeccións, mais nós nos esforzamos para corrixílas a través do debate aberto e escrutinio. Israel ten tribunais independentes, Estado de Dereito, prensa libre e un vigoroso debate parlamentario, creanme, é vigoroso. Eu sei que membros do Congreso se refiren un ao outro, como "o meu ilustre compañeiro de Wisconsin ou o senador por California". En Israel, os membros do Knesset non se refiren así aos seus ilustres compañeiros de Kiryat Shmona ou de Beer Sheva. Dicimos: "Ben, vostede non quere saber o que falamos". En Israel, a autocrítica é un modo de vida, e aceptamos que a crítica forma parte da guia de conduta dos asuntos internacionais. Mais Israel debe ser xulgado polos mesmos parámetros aplicados a todas as nacións, e as alegacións contra Israel deben ser baseados en feitos. A alegación pola cal se tenta describir os xudeus como colonizadores estranxeiros na súa propia patria é unha das grandes mentiras dos tempos modernos. Na miña oficina teño un anel con sinete, que me foi prestado polo Departamento de Antiguidades de Israel. O anel foi encontrado xunto ao Muro Occidental, mais remonta hai cerca de 2.800 anos atrás, douscentos anos despois que o rei David transformara Xerusalén na nosa capital. O anel é un selo dun funcionario xudeu, e inscrito en hebraico está o seu nome: Netanyahu. Netanyahu Ben-Yoash. Ese é meu apelido. O meu primeiro nome, Benjamin, remontase a 1.000 anos antes de Benjamin, fillo de Jacob. Un dos irmáns de Benjamin era chamado Shimon, que tamén acontece de ser o primeiro nome do meu bo amigo, Shimon Peres, o presidente de Israel. Cerca de 4.000 anos atrás, Benjamin, Shimon e os seus dez irmáns vagaban polas montañas de Judéa.


Señoras e Señores,

A conexión entre o pobo xudeu e a terra de Israel non pode ser negada. A conexión entre o pobo xudeu e Xerusalén non pode ser negada. O pobo xudeu estivo construíndo Xerusalén 3.000 anos atrás e o pobo xudeu constrúe Xerusalén hoxe. Xerusalén non é un asentamento. É a nosa capital. En Xerusalén, o meu goberno ten mantido as políticas de todos os gobernos israelís desde 1967, incluíndo aqueles liderados por Golda Meir, Menachem Begin e Yitzhak Rabin. Hoxe, case un cuarto dun millón de xudeus, case a metade da poboación xudea da cidade, vive en barrios que están máis alén das liñas de 1949. Todos estes barrios están dentro dunha distancia de cinco minutos de coche da Knesset. Eles son parte integrante e inseparábel da Xerusalén moderna. Todo o mundo sabe que eses barrios serán parte indivisíbel de Israel en calquera acordo de paz. Por tanto, construír neles, de forma algunha exclúe a posibilidade dunha solución de dous Estados.

Nada é máis extraño no Oriente Medio que a tolerancia ás crenzas dos outros. É só baixo a soberanía israelí, en Xerusalén, a liberdade relixiosa para todas as crenzas foi garantida. Mentres queremos a nosa patria, tamén recoñecemos que os palestinos viven alí igualmente. Nós non queremos dominalos. Nós non queremos gobernalos. Nós os queremos como veciños, vivindo en seguranza, dignidade e paz. No entanto, Israel é inxustamente acusado de non querer facer a paz cos palestinos. Nada podería estar máis lonxe da verdade. O meu goberno deu probas do seu compromiso coa paz en palabras e actos. Desde o primeiro día pedimos á Autoridade Palestina que inicie as negociacións de paz sen demora. Eu fago esa mesma petición hoxe. Presidente Abbas, veña a negociar a paz. Líderes que realmente queren a paz deben sentarse fronte a fronte. Naturalmente que os Estados Unidos poden axudar as partes a resolveren os seus problemas, mais non poden resolver os problemas para as partes. A paz non pode ser imposta de fóra. Ela só pode vir a través de negociacións directas nas cales estamos desenvolvendo confianza mutua. O ano pasado, falei dunha visión de paz na cal un Estado palestino desmilitarizado recoñece o Estado xudeu. Así como os palestinos esperan que Israel recoñeza un Estado palestino, nós esperamos que os palestinos recoñezan o Estado xudeu. O meu goberno retirou centenares de controis, barreiras e postos para facilitar o movemento dos palestinos. Como resultado, axudamos a impulsar un boom fantástico na economía palestina (cafeterias, restaurantes, empresas, e até mesmo cinemas multiplex). E anunciamos unha moratoria sen precedentes nas novas construcións israelís en Judéa e Samária. Isto é o que o meu goberno fixo pola paz.

Que ten feito a Autoridade Palestina pola paz? Ben, eles só teñen posto pre-condicións para as negociacións de paz, moven unha implacábel campaña internacional para minar a lexitimidade de Israel, e promoveron o notorio Informe Goldstone, que falsamente acusa Israel de crimes de guerra. Certamente, eles están facendo ben agora no ámbito da ONU o que grotescamente fixeron no Consello dos Dereitos Humanos da ONU. Quero agradecer ao presidente Obama e ao Congreso dos Estados Unidos polos seus esforzos en frustrar esa calúmnia, e pido polo seu continuo apoio.

De forma lamentábel, a Autoridade Palestina tamén continúa o incitamento contra Israel. Algúns días atrás, unha praza pública nas inmediacións de Ramallah recibiu o nome dunha terrorista que matou 37 civís israelís, incluíndo 13 nenos. A Autoridade Palestina nada fixo para impedir iso.

Señoras e Señores,

A paz esixe reciprocidade. Non pode ser unha rúa de sentido único, na cal só Israel fai concesións. Israel está preparado para asumir compromisos necesarios para a paz. Mais esperamos que os palestinos se comprometan tamén. Mais unha cousa que nunca vai se comprometer é a nosa seguranza. É difícil explicar a situación da seguridade de Israel para alguén que vive nun país con 500 veces o tamaño de Israel. Mais imaxinen os Estados Unidos enteiros comprimidos no tamaño de Nova Jersey. Axiña, poña na fronteira norte de Nova Jersey a un representante terrorista de Irán chamado Hezbolláh, que dispara 6.000 foguetes contra ese pequeno Estado. Imaxinen entón que este axente terrorista acumulou máis de 60.000 mísiles para lanzar sobre vostede. Espere. Ainda non terminei. Agora, imaxinen na fronteira sur de Nova Jersey outro axente terrorista iraniano chamado Hamas. El tamén lanzou 6.000 foguetes contra o seu territorio, mentres contrabandea armas aínda máis letais ao seu territorio. Vostedes non pensan que se sentirían un pouco máis vulnerábeis? Vos pensades poderían esperar algunha comprensión da comunidade internacional cando se defenderen?

Un acordo de paz cos palestinos deben incluír medidas de seguranza eficaces na rexión. Israel precisa se certificar de que o que sucedeu no Líbano e en Gaza non volva a acontecer na Cisxordania. O principal problema da seguranza de Israel co Líbano non é súa fronteira co Líbano. É a fronteira do Líbano coa Siria, a través da cal Irán e Siria contrabandean decenas de miles de armas ao Hezbolláh.

O principal problema da seguranza de Israel con Gaza non é súa fronteira con Gaza. É a fronteira de Gaza con Exipto, na cal cerca de 1.000 túneles foron cavados para contrabandear armas. A experiencia ten demostrado que só a presenza israelí no local pode impedir o contrabando de armas. É por iso polo que un acordo de paz cos palestinos debe incluír unha presenza israelí na fronteira oriental dun futuro Estado palestino. Se a paz cos palestinos verifica a súa durabilidade ao longo do tempo, poderemos revisar os acordos de seguranza. Estamos dispostos a asumir riscos para a paz, mais non seremos irresponsábeis coa vida da nosa poboación e a vida do primeiro e único Estado xudeu.


Señoras e Señores,

O pobo de Israel quere un futuro no cal nosos fillos xa non proben os horrores da guerra. Queremos un futuro no cal Israel realice todo o seu potencial como un centro global de tecnoloxía, ancorado nos seus valores e viva en paz con todos os seus veciños. Eu presinto un Israel que pode dedicar aínda máis os seus talentos creativos e científicos para axudar a resolver algúns dos grandes desafíos da actualidade, antes de todo, encontrar un substituto limpo, accesíbel e máis barato para a gasolina. E cando encontrarmos esa alternativa, imos parar de trasladar centenares de billóns de dólares para réximes radicais que apoian o terror. Estou seguro de que na persecución destes obxectivos, temos a amizade duradeira dos Estados Unidos da América, a maior nación da terra. O pobo americano ten sempre demostrado a súa coraxe, a súa xenerosidade e a súa decencia. Dun presidente para o seguinte, dun Congreso para o subsequente, o compromiso dos EUA coa seguranza de Israel foi firme. O ano pasado, o presidente Obama e o Congreso norteamericano deron significado a esa promesa, fornecendo asistencia militar a Israel, permitindo exercicios militares conxuntos e traballando xuntos na defensa antimíseis. Así tamén Israel ten sido un aliado leal e firme dos Estados Unidos. Como dixen o vicepresidente Biden, América non ten mellor amigo na comunidade das nacións que Israel. Durante décadas, Israel serviu como un baluarte contra o expansionismo soviético. Hoxe, está axudando a América a conter a onda militante do islamismo. Israel comparte cos Estados Unidos todo o que sabe sobre como combater un novo tipo de inimigo. Intercambiamos informacións de intelixencia. Cooperamos en moitos outros campos dos cales eu non podo divulgar. Esta cooperación é importante para Israel e está axudando a salvar vidas americanas. Os nosos soldados e os seus soldados loitan contra inimigo fanáticos que detestan os nosos valores comúns. Aos ollos deses fanáticos, somos vós e vós estades connosco. Para eles, a única diferenza é que vós sodes moi grandes e nós somos moi pequenos.

Vós sodes o Grande Satán e nós somos o Pequeno Satán. Ese odio fanático pola civilización occidental antecede o establecemento de Israel por máis de mil anos. Os militantes islámicos non odian o Occidente por causa de Israel. Eles odian a Israel por causa do Occidente, porque consideran a Israel como un posto avanzado da liberdade e da democracia, que impide que rebasen Oriente Medio. É por iso polo que cando Israel está contra os seus inimigo, está contra os inimigo de América.

O presidente Harry Truman, o primeiro líder en recoñecer a Israel, dixo: "Eu teño fe en Israel e eu creo que el terá un futuro glorioso, non só como outra nación soberana, mais como unha personificacións dos grandes ideais da nosa civilización".

Os meus Amigos,

Estamos reunidos aquí hoxe porque cremos nos ideais comúns. E por causa deses ideais, estou seguro de que Israel e os Estados Unidos de América estarán sempre xuntos.


BINYAMIN NETANYAHU

Sem comentários:

Enviar um comentário